Lúa
Lúa é unha gata que vive coa súa avoa nunha humilde casa ás aforas da vila.
No seu cuarto tan só ten un armario, un cestiño para durmir e un moble con tres caixóns.
E no exterior, un fermoso xardín, coidado con esmero, no que Lúa pasa as horas xogando soa.
A avoanon lle deixa saír de alí, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigos para xogar.