Gato Poeta

Este gato, poeta, bohemio e moi chicharacheiro chegou á vila de Lúa fai relativamente pouco tempo e dende entón vive nun parque, rodeado de bambáns e cun gran tobogán que lle fai de agocho para cazar ratos.

O que non se imaxina e que coñecer a Lúa o cambiaría por completo.

Con cariño e comprensión descobren os segredos da vida, aprendendo que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade.