Lúa fixo o imposible: foi a primeira gata en pisar Marte. Pero toda gran misión ten un prezo, e o camiño de volta non sempre é o que se espera. Cando parece que todo está baixo control, o destino ten gardados desafíos que nin a propia Lúa imaxinaría. Soa, lonxe da casa e coa responsabilidade de completar o seu cometido, deberá sacar forza de onde menos espera e confiar en quen nunca pensou atopar. Unha historia de igualdade, superación e respecto polo noso planeta.