Guindastre Edicións

Disque un guindastre é un vehículo ou máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar, mover e/ou transportar grandes pesos.

Dende Guindastre Edicións estamos convencidas de que, en realidade, Guindastre tamén somos nós: ti, ela, el, e máis eu.

É dicir, Guindastre somos todas as que amamos a literatura, a música, os monicreques, o teatro… porque somos esa maquinaria que levanta, move e transporta a CULTURA (en maiúsculas): escribindo ou lendo, facendo música ou gozándoa, subindo a un escenario ou dende o mesmo patio de butacas.

Por iso esta editorial que hoxe nace é GUINDASTRE.

E nace con dúas coleccións:

Por unha banda ´LuiSon”, de música familiar e dirixida por Luis Vallecillo, con contidos inclusivos para tódalas idades. O seu primeiro libro que presenta é “Cantamos?”

Por outra, “A Xanela do Maxín”, dirixida por Celtia Figueiras, que adapta textos de monicreques a contos, procedentes da compañía que leva o mesmo nome, con letra manuscrita e para primeiras lectoras. Inicia este camiño coa obra “Ula Lúa?”