Artistas e persoal técnico

LUIS VALLECILLO

Autor

Músico, Compositor e Titiriteiro crea o seu proxecto de música infantil e familiar no 2011 co “Recital de Contos Cantados”.

Outros dos seus espectáculos musicais son “O Bigote de Mimí”, “Cantamos un Conto?”, “O Mundo de Carliños”, “O Aniversario da Biblioteca” e “Cantares das Letras”.

BLANCA MILLÁN

Ilustradora

Soñadora de natureza, ilustradora de profesión e nai por devoción, tralas imaxes de Blanca Millán atópase unha xove emprendedora coa cabeza chea de ideas e o corazón de paixón.

CELTIA FIGUEIRAS

Textos e narración

Escritora, Titiriteira e Contadora de historias comeza no 2007 a sua andadura no teatro profesional como dramaturga e actriz na compañía de monicreques “A Xanela do Maxín” para, no 2015 comezar cos contos como un xeito de reivindicar a narración oral como unha parte indispensable da pedagoxía infantil.

Pablo Sanmamed: Arranxos e contrabaixo

Mariajo Pámpano: Violín

Jerry Noia: Guitarra

Luis Iglesias: Arranxos “Xogos Populares”

Gerardo Amigo: Gravación

Ramón Campos: Gravación e posprodución

Coros

Coros

Coros

Coros